XA DISPOÑIBLE A DEMO DO LUPO IAC


Nun futuro non demasiado lonxano, anos despois dos sucesos acontecidos no primeiro cómic de Lupo Lorenzo, aconteceu algo horríbel. Uns seres chamados "Raposos" dun planeta alleo aos Lupos invadiron o seu planeta. Un grupo de Lupos, liderados por Eusebio e incluíndo a Mimo, Lorenzo, Iac, Masc, Iapéu, Álvarez, Ghaita, Bataría, Ghitarra, Baixo e moitos outros dispóñense a loitar contra esta ameaza.
Sen embargo, mentres a maioría do grupo ía directamente cara o planeta dos Raposos armados cada un coa súa arma, varios Lupos quedaron na terra para protexela baixo as ordes de Eusebio. Entre eles, nunha pequena zona alonxada, quedaron Iac e Masc, os dous amantes, encargados de evitar que os raposos entraran na cidade. Logo de horas pelexando contra estes e esgotados, Masc acabou ferido de morte e rematado por un pequeno grupo de raposos. 

Logo disto, Iac comezou a perder a cabeza e matou durante días incontables grupos de raposos que chegaban á terra ata que, vendo que non viñan máis (e coa pouca cordura que lle quedaba) foi cara o planeta dos raposos disposto a acabar con todos. 

O grupo de Eusebio conseguíu parar a invasión o suficiente tempo como para volver para a casa e descansar, xa que a viaxe fora incríbelmente perigosa e morreron moitos polo camiño. Aos poucos meses chegaron novas: Iac estaba no planeta dos raposos, estivo masacrándoos coa súa katana durante todo o tempo que eles estiveron fóra e volvérase case invencible. Polo menos, iso fora o que o Lupo Iapéu conseguíu ver.

Lupo Iac conta a historia de Iac a partir deste punto. Fala das consecuencias dos nosos actos e da forma na que un pode aceptalas e cambiar. E sabedes o mellor? XA ESTÁ DISPOÑIBLE A SÚA DEMO EN ITCH.IO!!!!!

Esta DEMO trae enteira a primeira parte do xogo (aínda en desenvolvemento), e, ademais, encántame anunciar que con isto ven unha nova noticia: XA TEMOS A CANLE OFICIAL DO LUPO IAC EN YOUTUBE!!! Aí está cargada toda a OST (moi probablemente cargue máis a medida que o xogo avance no seu desenvolvemento) e o TRAILER OFICIAL!!!!

Deixo aquí as hiperligazóns ao trailer, á canle e, o máis importante, á páxina oficial de Itch.Io:


















Comentarios

Publicacións populares